martes, 22 de diciembre de 2020

BO NADAL!!!

A profe Paula, o profe David e a profe Montse, desexámosvos a todos e todas que pasedes uns bonitos días, e voltedes cargados de ilusión. Mentres tanto, podedes entretervos practicando algún destes deportes.....



martes, 8 de diciembre de 2020

Semana da Discapacidade.

A pasada semana estivemos a concienciar aos nosos nenos e nenas sobre a discapacidade e o que todo iso conleva. Por iso, nas sesións de E. Física adaptamos os xogos para que os rapaces e rapazas aprenderan a poñerse na pel dos que non poder ver, escoitar ou sequera moverse coma outros que afortunadamente sí podemos. Aquí vos deixamos unha boa mostra do que fixemos.



 

sábado, 5 de diciembre de 2020

25 N Día da Non Violencia Contra a Muller

O pasado día 25 conmemoramos o Día da Non Violencia Contra a Muller. Entre outras actividades, pois.... Coma non!!! Un baile!!! Así que adaptamos o fermoso tema de Alicia Keys "This girl is on fire" para poder bailala con moita marcha.
Facede click na imaxe e poderedes ver algunhas imaxes moi chulas da conmemoración. 



viernes, 27 de noviembre de 2020

Patios dinámicos

Como xa ven sendo costume, o departamento de E. Física colabora co Equipo de Convivencia na posta en marcha das dinámicas de xogos alternativos durante os recreos. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasan nos recreos coa comba, xoaniña, goma e clases de baile entre outros. Facede click na imaxe para ver o vídeo.




viernes, 20 de noviembre de 2020

Nova oferta deportiva!

Temos unha nova posibilidade para practicar deporte no noso barrio. Máis concretamente, no Campo Federativo de Coia. Trátase da Escuela Deportiva Illas Cíes. A primeira actividade ofertada é o fútbol, pero pouco a pouco irán ofertando máis actividades. Comezan a funcionar xa o vindeiro luns 23 de novembro. Para máis información, aquí vos deixamos o cartel promocional. Que non falte o deporte!!!!



viernes, 13 de noviembre de 2020

Magosto en movemento

O pasado mércores celebramos no cole o Magosto. Para iso, o departamento de E. Física colaborou no diseño e realización de diferentes actividades para que os nosos nenos e nenas o pasaran chachi castaña. Aquí vos deixamos algunhas fotos deste día.











lunes, 2 de noviembre de 2020

Surf Big Waves

 Sabedes que o surf é unha actividade que nunca falla no noso cole. Todos os anos visítannos os rapaces de Prado Surf Escola para acercarnos a este fermoso deporte. Hai nenos e nenas de Primaria que o practican de xeito asiduo, e máis nestes tempos de distanciamento que corren. Pois ben, deixámosvos aquí unha entrada para que disfrutedes da marabilla deste deporte e das marabillas tamén que nos deixa a natureza. A semana pasada tivemos na costa Atlántica os coletazos do huracán Épsilon, que deixou na costa portuguesa, Nazaré para ser máis exactos, imaxes coma esta. Olas de máis de 25 m de altura e surfistas capaces de surfealas!!! Premede no link e disfrutade !!


https://as.com/deportes_accion/2020/11/01/surf/1604226794_496723.html




PATIOS DINÁMICOS

 A partires do mes de novembro, se a climatoloxía e os confinamentos nolo permiten, daremos comezo aos diferentes xogos dos patios dinámicos. A maioría dos cursos xa estivéstedes a practicar a mecánica de xogo, así que non haberá problema para comenzar a disfrutar!!! Deixámosvos aquí algúns enlaces para o xogo da goma e o de saltar á comba. Será por cancións para pasalo ben!!!









viernes, 23 de octubre de 2020

Comba Dance

Qué vos parece pasar ao seguinte nivel de baile??? Mola, va que si?? Nós atrevémonos, e vos??




miércoles, 21 de octubre de 2020

RECREOS MARCHOSOSSSS

Mirade qué ben o pasamos nos recreos. De xeito totalmente improvisado, aos nenos e nenas encántalles bailar as cancións que aprendemos nas sesións de E. Física. Aquí vemos cómo nos encanta o asúcarrrrr!!




PATIOS DINÁMICOS

 En E. Física xa estamos a colaborar co Equipo de Convivencia, ensinando aos nosos nenos e nenas a xogar a cousas tan chulas e tan divertidas coma o xogo do Escondite Inglés, os 4 currunchos, a xoaniña.... E dous que están a ter moito éxito entre eles e elas: a comba, e a goma. Aquí vos deixamos imaxes de cómo andamos a "entrenar" nas sesións de E. Física. (Sempre con distancia e coas medidas oportunas de hixiene). 






martes, 20 de octubre de 2020

Waka Waka

 E aquí tendes o que andamos a aprender nestes días. O Waka Waka de Shakira. Estamos a pasalo superben!!!! Nuns días, agora que xa temos as autorizacións de imaxe, comezaremos a colgar o ben que están a bailar os nenos e nenas do Laxeiro.



La Tusa

 Para os que queirades seguir practicando, aquí tendes o baile da Tusa que estivemos a aprender hai algunhas semanas.



domingo, 18 de octubre de 2020

ESGRIMA ANTIGA

 Aquí vos deixo un enlace para unha actividade moi interesante : a esgrima antiga. Nesta web está toda a información, por se queredes saber un pouco más desta orixinal pero antiga modalidade deportiva, e por si vos animades a probala!!!

https://www.esgrimaantiguavigo.com/



martes, 13 de octubre de 2020

BALONMÁN NO LAXEIRO

O pasado mes de setembro puidemos disfrutar da visita do Club Galicia Social (feminino) e o Club Reconquista (masculino). Pasaron unha sesión con cada un dos grupos de E. Primaria. Cumprimos con todas as garantías sanitarias aplicando o protocolo Covid en todo momento (mascarillas, distancia, cero contacto e desinfección do material). Deste xeito puidemos levar a cabo unha sesión do  case máis normal posible....Os nenos e nenas disfrutaron un montón e aprenderon certas nocións básicas deste deporte tan chulo. Aquí vos deixamos un link con algunhas imaxes. Agardamos que vos gusten.

                                                            https://gopro.com/v/qzaKQbokB2ozE



jueves, 24 de septiembre de 2020

REPASAMOS AZUQUITA

 Qué tal van os meus confinados favoritos????!!! Ánimo que xa queda moi pouquiño!! Déixovos aquí o baile que aprendístedes a semana pasada, vale? Quero que practiquedes moito moito! Que no primeiro recreo que esteades imos bailala todos xuntos, ok??!!!

Un biquiño grande a todos! Moito ánimo!!!



martes, 22 de septiembre de 2020

Asúcarrrrr!!!

Xa demos comezo ás nosas marchosas clases!!! Mantendo distancia, con mascarilla, embadurnados de xel.... O que xa sabemos todos, a que si??!! Pois xa solo falta pasalo estupendamente!

Deixámosvos unha mostra do baile que nos gastamos esta semana en E. Física. Iremos subindo máis cousas cando teñamos xa no noso poder as autorizacións de imaxe.


    AZUQUITA!!!!



martes, 8 de septiembre de 2020

COMEZO DE CURSO

 Xa estamos de volta!! Con máis enerxías e ganas que nunca, va que si???!!!

Este ano as clases van ser un pouco diferentes....Lembrade que debemos evitar o contacto, temos que tratar de manter a distacia de seguridade e non podemos compartir material. Complicado nun asignatura coma esta, nonsi??

Pero non vos preocupedes.  Todo está previsto. Este curso cambiaremos moito a mecánica de xogos aos que estamos acostumados. Pero non pasa nada!!! Pasarémolo ben e activaremos os nosos corpiños un bo rato todas as semanas.

Lembrade que tentaremos dar as clases con MÁSCARA. É o maís seguro para todos.

Traede a vosa botella de AUGA, pero NON TRAIADES NECESER!!! Este curso vai a estar un pouco complicado o de podernos meter nos vestiarios, así que prescindiremos deste aspecto de momento.

O que sí vos pedimos neste periodo é que traiades unha ESTERILLA, tipo ioga. Podedes atopala en calqueira tenda deportiva ou mesmo nos "chinos" do barrio. Faremos as actividades no patio sempre que a metereoloxía nolo permita. Coa esterilla evitaremos que nos colla o frío no cuíño, e así tampouco nos mancharemos.

E sobre todo sobre todo sobre todo, traede gañas de pasalo ben!! Pero tamén de respectar aos vosos compañeiros e compañeiras e cumplir as normas, Diso depende a saúde de todos e todas!!!!

Agardámosvos o xoves!!!

jueves, 3 de septiembre de 2020

miércoles, 8 de julio de 2020

FOOTGOLF

O vindeiro curso, practicaremos esta nova modalidade deportiva. Aquí vos deixo algunhas das actividades que organizan, e un enlace para que poidades saber máis...



viernes, 19 de junio de 2020

VACACIÓNS!

FELIZ VERÁN A TODOS E A TODAS!!!!!!!!
Lembrade mover ese corpiño cada día un pouquiño! Con sentidiñooooo!!!
Xa sabedes, coma vos dixen na Aula Virtual, que hai infinidade de cousas para facer: andar en bici, en patinete, subir polas árbores, bailar no salón, xogar ás películas facendo mímica, escapar ao pilla pilla dos amigos, caerse e levantarse! Nadar moito moito, bucear, tirarse a rebolos pola area...Ata facer senderismo!!! Non me digades que non vos mandamos uns deberes molóns molóns!!! 
Queremos vervos máis altos e máis fortes en setembro!!! Seguiremos a colgar entradas aquí, no blog, con novas ideas para facer, esta vez xa non só na casa. Algunha noticia divertida e interesante tamén trataremos de colgar.
DISFRUTADE MOITOOOOOO!!! VÉMONOS EN SETEMBRO!! CON MÁIS GAÑAS QUE NUNCA!!!!

miércoles, 17 de junio de 2020

CARLOS SAINZ

Porque non todo vai a ser coronavirus ou fútbol... Noticia formidable para o deporte español. Para que tamén esteades un pouquiño informados. A ver se así sabedes quén é....
https://amp.marca.com/motor/2020/06/16/5ee76758ca4741b25b8b45b2.html

miércoles, 10 de junio de 2020

ZAPATILLEANDO

Aquí vos deixamos un divertido vídeo onde a capitana da selección española de baloncesto, Laia Palau, vos amosa  divertidas posibilidades que podemos facer cunha simple zapatilla de casa e uns calcetíns. Agardamos que vos guste!


martes, 9 de junio de 2020

SEMANA DOS OCÉANOS

Aquí vai a nosa particular homenaxe á semana dos océanos. Un documental, para os máis maiores do cole, onde se mestura o surf e a importancia da ter limpias as nosas aguas. Preciosas imaxes, precioso deporte, e importantísima concienciación.

https://www.rtve.es/m/alacarta/videos/la-noche-tematica/noche-tematica-olas-blancas/4629698/


jueves, 4 de junio de 2020

ATLETISMO

FACEDE CLICK E VOS LEVARÁ A UN ENLACE ONDE PODEREDES VER AS EXPLICACIÓNS, VISUALIZAR ALGÚNS VÍDEOS MOI CHULOS, E INCLUSO RESPOSTAR ÁS DIFERENTES CUESTIÓNS. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!




Atletismo - Las carreras

lunes, 1 de junio de 2020

BAILAR COAS MANS

Aquí tendes unha nova oferta de traballo.... Podedes buscar máis en internet. A idea é crear coreografías coas mans. Podedes copiar ideas ou  crear os vosos propios "bailes manuais" coa música que máis vos gusta! A ver qué cousas bonitas saen...


viernes, 29 de mayo de 2020

RUTINA COMPLETA

Aquí vos deixamos algunha idea máis para facer co papel hixiénico. Xa veredes qué fortes vos poñedes!




miércoles, 27 de mayo de 2020

SENTADILLAS

Veña a apretar eses muslos! Espalda recta para que non caia! A ver cántas consigues facer...


lunes, 25 de mayo de 2020

TORRE DE PAPEL HIXIÉNICO

Parece doado pero.... A ver qué tal andades de abdominais.... Lembrade que non se poden apoiar os xeonllos!!


SEMANA DO PAPEL HIXIÉNICO

Ola de novo chicos e chicas!!!
Esta semana propoñémosvos novos retos, todos eles relaccionados co papel hixiénico. Maloserá que non teñades un rollo pola casa, non?
Ben, pois traballaremos diferentes capacidades e habilidades empregando o rollo de papel. A ver que tal vos sae!!
Cada día colgaremos un diferente reto. A ver se vos gustan, e a ver qué tal o facedes!
Lembrade que, tal e como vos explico n Aula Virtual , xa non debedes enviar ningún vídeo máis, dacordo?
Un bico a todos e todas!!


viernes, 15 de mayo de 2020

MALABARES

Aquí vos deixo  o vídeo correspondente ao exercicio de malabares. Lembrade que tedes unha semana máis para practicar!! Ide facendo os exercicios pouco a pouco. Ide evolucionando pouco a pouco. Cando xa non sexades capaces de evolucionar máis, entón enviades o vídeo de ata onde chegástedes. O exercicio de máxima dificultade que acadástedes. Entendedes?
Veña a practicar!!! Que esto non sae nin nun día nin en dous!



martes, 12 de mayo de 2020

lunes, 11 de mayo de 2020

sábado, 9 de mayo de 2020

Reto Oh na na na Noa e Lois

Sodes moitísimos os que o fixéstedes de marabilla, pero como me deron permiso para publicar un vídeo destes nenos tan guapos e danzaríns....aquí volo deixo. Noa, de 2º de Primaria, e Lois, de 5º. Bo traballo chicos!






domingo, 3 de mayo de 2020

Mirade o que atopei por aí.... Chupado, va que si? Só precisades unha tabliña de maderia... 😏 😁👍🏼


lunes, 27 de abril de 2020

CAMBIA DE SILLA!!

Lembrade que tedes que entrar na Aula Virtual para controlar as tarefas pendentes para esta quincena que vén. Mentras tanto, para que vos entreteñades un pouquiño máis, aquí vos deixo un novo reto. A ver qué tal vos sae!


viernes, 24 de abril de 2020

MÁIS IDEAS

Aquí vos deixamos un vídeo con máis ideas para facer na casa.... A ver se vos gusta algunha e vos animades a facela!


jueves, 23 de abril de 2020

SOPA DEPORTIVA

Aquí tendes unha nova entrada. A ver quén as atopa antes. A buscar! 

Sopa de letras - Deportes 2, una ficha interactiva de Ceip_Cervantes
liveworksheets.com

miércoles, 22 de abril de 2020

NOVAS IDEAS

Namentras non podedes enviar actividades a traverso da Aula Virtual, aquí vos deixamos unha nova actividade. Só necesitades debuxar algunhas mans e pes nuns folios, e algo de concentración. Podedes facer as combinacións que queirades, e ir aumentando a dificultade pouco pouco. Xa me contaredes qué tal!


martes, 21 de abril de 2020

COMBATE DE PÉS

Ola! Como de momento parece ser que non podedes enviar novas tarefas, para que non vos aburrades demasiado... Aquí vos deixo unha nova iniciativa. Só necesitades un pouco de esparadrapo ou cinta aislante, e a xogar cun rival! A ver quén consigue gañar ao de enfrente! 


lunes, 20 de abril de 2020

ENCRUCILLADO

Ola de novo. Como vedes, resistímonos a abandonar o blog... Usámolo esta vez para engadir unha nova mecánica de traballo, que a aula virtual non nos permite, de momento. Probade a facer esta ficha. É moi doada e para todas as idades. Non todo vai a ser mover o cuíño! Cúbrese no propio ordenador ou tablet e so tedes que premer en "terminado" cando a rematedes. A ver que tal!
(AVISO: é probable que en móbiles non funcione)
Crucigrama - Deportes, una ficha interactiva de wiki09
liveworksheets.com

domingo, 19 de abril de 2020

O SUPER RETO!


Chicos e chicas. Lembrade que a partir de mañá, comunicarémonos con vós a traverso da Aula Virtual. Tedes o enlace directo premendo no vínculo que está na parte dereita deste blog. Non olvidedes, nembargantes, seguir entrando no blog. Podedes revisar entradas anteriores que vos ofertan grandes ideas para seguir movendo o esqueleto! (just dance, Yoga, Zumba...). 
Vos deixamos aquí un novo reto. Ao que o acade, poñémoslle unha Matrícula de Honra! 😉




jueves, 16 de abril de 2020

RETO "OH NA NA" E AULA VIRTUAL

Chicos e chicas, deixámosvos aquí a última publicación, de momento,  neste blog. A partires da semana que vén, comunicarémonos con vós a través da Aula Virtual.  Non deixedes, de todos os xeitos,  de acudir ao blog para consultar as diferentes entradas, que sabedes que sempre podedes usar para intentar facer os vídeos coas diferentes actividades. Estaremos encantadas, a profe Paula e a profe Montse, de recibilas.

Pois a modo de despedida, momentánea, deixámosvos dous enlaces. Os dous son sobre o reto "Oh na na na...". Un vos amosa en qué consiste o reto, e o outro vos ensina, paso a paso, a facelo.  É difícil! Realmente difícil.  A ver si alguén o consigue!!! O máis divertido de todo é que hai que facelo en parella. Así que xa sabedes. Teredes que convencer aos vosos pais,  nais, irmáns.....e conseguilo xuntos!!!





miércoles, 15 de abril de 2020

QUENCEMENTO ARTICULAR E ESTIRAMENTOS

Heyyyy!!! Xa recibimos algún video amosando as vosas habilidades físicas! Xenial, sodes uns campións!!!!
Hoxe comezamos entón por unha rutina básica previa a calqueira actividade física: o quencemento.  
Nas clases de E. Física, lembrade que sempre facíamos algún xogo para "entrar en calor". Despois,  non sempre,  acostumábamos a facer algúns exercicios de QUENCEMENTO ARTICULAR E ESTIRAMENTOS MUSCULARES. 
Pois ben, esta actividade consiste niso: tedes que enviar un vídeo no que amosedes cómo podemos facer estas dúas rutinas (quentar as diferentes articulacións  e estirar algúns dos músculos máis importantes). Fixémolo un montón de veces nas clases! Seguro que o lembrades. Pero por si tedes que refrescar a memoria, aquí vos deixamos un enlace onde o explican e o fan a mar de ben. Veñen ademáis algunhas explicacións bastante interesantes para os máis maiores. E a parte final é para os máis atrevidos e flexibles!!!



martes, 14 de abril de 2020

A POLO TERCEIRO TRIMESTRE!!!!

Ola chicos e chicas!! Estamos todos e todas ben?? Listos para a volta ó traballo? Seguro que sí!
Ben, comenzamos un novo trimestre. O máis orixinal de todos, va que si?!
Nesta semana continuaremos a traballar a través do blog, pero en canto a Aula Virtual estea operativa, comenzaremos a comunicarnos a traverso dela.
A dinámica de traballo será a seguinte:

+ De xeito gradual iremos colgando diferentes actividades. Serán propostas máis ou menos sinxelas (un pouco de dificultade tamén mola, a que si?). Vos teredes que adquirir o compromiso de entrar a diario no blog de E. Física (na Aula Virtual a partir da semana que vén),e teredes a misión de escoller, cando menos, unha das actividades.Tamén podedes escoller todas! Ben, pois quincenalmente teredes a obriga de enviarnos alomenos un video, no que poidamos comprobar que, cando menos, realizástedes unha das prácticas propostas. Está claro? Enviaredes os videos ao email educacionfisica1.laxeiro@gmail.com. 

+¿Qué traballaremos neste trimestre? Serán actividades, na  medida  do que poidamos, o máis divertidas posibles, nas que traballaremos as diferentes habilidades e capacidades físicas básicas.

Agardamos que vos gusten!!! E non dubidedes en enviarnos todo o que fagades!!!
Podedes comenzar dende XA , botando un repaso a todo o colgado antes de Semana Santa. Seguro que atopades cousas que vos apetecerá facer...



viernes, 3 de abril de 2020

O XIMNASIO NA CASA

Pois o prometido é deuda. Deixamos unha última entrada antes das vacacións. É un enlace para poder acceder gratuitamente ás clases que os monitores de Máis que Auga están a impartir para todos os vigueses estes días. Só necesitades que un adulto se rexistre de xeito gratuito. Hai clases en directo e clases grabadas. Tanto para adultos coma para nenos. Así que non hai excusas para mover ese cuíño!!! Un biquiño moi grande a todos. Moito ánimo, e "vémonos" á volta da Semana Santa. Quetiños na casa!!!



miércoles, 1 de abril de 2020

ACTIVILANDIA

Ben, chicos e chicas. As vacacións de Semana Santa xa están aquí. Tentaremos deixarvos algunha suxerencia máis antes de "pechar por vacacións" o blog. Pero hoxe colgamos un enlace que cremos que vos vai encantar. É un parque temático virtual,  con contidos teóricos e prácticos relacionados coa actividade física. Ogallá vos guste,  e ogallá aprendades cousiñas interesantes sobre a importancia da actividade física. Lembrade que podedes deixarnos os vosos comentarios no opción que tedes habilitada debaixo de cada entrada, ou ben enviándonos un email. Disfrutade moito!



lunes, 30 de marzo de 2020

ENTRENAMOS NA CASA!

Deixámosvos a continuación un enlace a un vídeo onde vos amosa diferentes exercicios para facer fácilmente na casa, e practicar así diferentes aspectos da E. Física. Probade a facelo e enviádenos ao email de E. Física as cousas que fixéstedes!!



domingo, 29 de marzo de 2020

PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe toca falar un pouquiño dos Primeiros Auxilios. Deixámosvos a continuación 3 vídeos. O primeiro fálabos da PLS (posición lateral de seguridade). Os otros dous explican dun xeito moi ameno aRCP (reanimación cardio pulmonar). O primeiro deles é para os máis cativos do cole, e o último é un rap moi chulo para os máis maiores. Agardamos que vos gusten. Pero sobre todo, que con eles saibades o que hai que facer se nalgún momento vos enfrentades a algunha destas situacións.





viernes, 27 de marzo de 2020

O XOGO DA OCA

Chicos e chicas. Remata a semana!! Para que este finde o pasedes xenial nas vosas casas, ofertámosvos a posibilidade de xogar a unha oca moi especial : A oca da E. Física. Tiramos o dado, vemos en qué casilla caemos e..... A moverse toca! Quén gañará?Agardamos que o disfrutedes este finde. E non esquezades mandarnos algunhas fotos!! Boa finde!!


jueves, 26 de marzo de 2020

YOGA E MEDITACIÓN

Hoxe abordamos novamente o mundo do Yoga. Aquí vos deixamos un novo enlace (click na primeira imaxe) onde podedes por en práctica esta antiga disciplina que tantísimos beneficios aporta. Probade a facelo cada mañá, e xa veredes como o xeito de afrontar o novo día, mellora. Ademáis hoxe, queremos introducirvos un pouquiño tamén no mundo da meditación. Facede click na segunda imaxe e vos levará a unha páxina onde poderedes introducirvos, de xeito adecuado, ao marabilloso mundo da meditación. Cremos que as vosas pequenas mentes (e as dos vosos pais), o agradecerán... Animádevos a probar!! Podedes contarnos a través do e-mail que tedes na columna da dereita, as vosas experiencias e sensacións con estes temas. Agardamos que disfrutedes moito! Namaste.



miércoles, 25 de marzo de 2020

ZUMBA PARA NENOS E NENAS

Facede click na seguinte imaxe, e accederedes a un link onde poderedes poñervos a practicar Zumba! Veña a mover o esqueletoooooo!!!


martes, 24 de marzo de 2020

SOMBRAS CHINESCAS

Hoxe suxerímosvos que xoguedes coas sombras chinescas. Veredes qué divertido é! Unha habitación en penumbra, unha luz tipo flexo que proxecte hacia unha parede, e as vosas mans. É todo o que precisades!
Lembrade enviarnos algunha foto coas cousas que fagades. As publicaremos aquí!




lunes, 23 de marzo de 2020

XOGOS POPULARES

A seguinte entrada está relacionada cos xogos populares. Deixámosvos un enlace onde podedes atopar diferentes xogos populares que poderedes realizar nas vosas casas. Enviade algunha foto realizándoos!!!

Premede na imaxe

domingo, 22 de marzo de 2020

RETO 2: COMER SAN

Boas, ecolaxeiros!
Aquí vos deixamos otro novo reto,relacionado esta vez coa alimentación. É un tema moi importante nestes días de confinamento. Non debedes esquecer a importancia de manter unha dieta equilibrada nestes días,  e más tendo en conta o sedentarismo ao que estamos expostos. Así que,qué tal se o noso reto tentamos levalo a cabo todos nestes días que nos quedan por diante? É ben sinxelo: coidar da nosa dieta en xeral, e centrarnos no consumo de froitas en particular.
Aquí vos deixamos algunhas suxerencias moi chulas para facer platos de froita. Enviádenos as vosas creacións e as publicaremos!!! Animádevos a participar!!!!






sábado, 21 de marzo de 2020

MALABARES

Lembrades que o outro día vos deixamos un enlace de cómo fabricar material para facer malabares? Pois hoxe deixámosvos outro para que o poñades en práctica. Porque sen práctica.... Nada sae á primeira!!! E nestes días, se algo sobra, é tempo. Animádevos a intentalo. E enviádenos algún vídeo onde amosedes que o poñedes en práctica! (para os máis cativos, podedes empregar panos en lugar de pelotas. Son más lixeiros e tardan máis en caer).
Facede click na imaxe


viernes, 20 de marzo de 2020

A BAILARRRRR!!!

Qué tal chicos e chicas?!! Cómo o levades??!!!
Hoxe propoñémosvos bailar un pouco. Qué vos parece? Para iso, vos deixo aquí un enlace, no que acederedes a unha web onde vos aparecen diferentes bailes co Just Dance. So tedes que conectalo coa tele, e listo para moverse!!!! Agardamos que vos guste!! E lembrade que podedes enviarnos fotos ou vídeos realizando as propostas que vos damos.
Email: 

miércoles, 18 de marzo de 2020

RECICLANDO COA E. FÍSICA

Hoxe deixámosvos uns enlaces e unhas imaxes onde podedes utilizar a reciclaxe para seguir traballando a E. Física. Ademáis, podedes tomar nota desta dirección de correo electrónico. Aí podedes enviarnos vídeos ou imaxes de todo o que andades a argallar na casa coa E. Física.