Xa estamos de volta!! Con máis enerxías e ganas que nunca, va que si???!!!
Este ano as clases van ser un pouco diferentes....Lembrade que debemos evitar o contacto, temos que tratar de manter a distacia de seguridade e non podemos compartir material. Complicado nun asignatura coma esta, nonsi??
Pero non vos preocupedes. Todo está previsto. Este curso cambiaremos moito a mecánica de xogos aos que estamos acostumados. Pero non pasa nada!!! Pasarémolo ben e activaremos os nosos corpiños un bo rato todas as semanas.
Lembrade que tentaremos dar as clases con MÁSCARA. É o maís seguro para todos.
Traede a vosa botella de AUGA, pero NON TRAIADES NECESER!!! Este curso vai a estar un pouco complicado o de podernos meter nos vestiarios, así que prescindiremos deste aspecto de momento.
O que sí vos pedimos neste periodo é que traiades unha ESTERILLA, tipo ioga. Podedes atopala en calqueira tenda deportiva ou mesmo nos "chinos" do barrio. Faremos as actividades no patio sempre que a metereoloxía nolo permita. Coa esterilla evitaremos que nos colla o frío no cuíño, e así tampouco nos mancharemos.
E sobre todo sobre todo sobre todo, traede gañas de pasalo ben!! Pero tamén de respectar aos vosos compañeiros e compañeiras e cumplir as normas, Diso depende a saúde de todos e todas!!!!
Agardámosvos o xoves!!!
Boas, agradeceriamos que nos desen un horario canto antes, pois non sabemos que días teñen educación física os rapaces para saber cando teñen que levar a esterilla...
ResponderEliminarBoas! Perdoa que non contestáramos antes, pero non recibíramos notificación ningunha desta mensaxe. Coidamos que xa todos os titores e titoras comunicaron aos nenos e nenas os correspondentes horarios. Disculpas pola tardanza e as molestias! Un saúdo.
Eliminar