miércoles, 15 de abril de 2020

QUENCEMENTO ARTICULAR E ESTIRAMENTOS

Heyyyy!!! Xa recibimos algún video amosando as vosas habilidades físicas! Xenial, sodes uns campións!!!!
Hoxe comezamos entón por unha rutina básica previa a calqueira actividade física: o quencemento.  
Nas clases de E. Física, lembrade que sempre facíamos algún xogo para "entrar en calor". Despois,  non sempre,  acostumábamos a facer algúns exercicios de QUENCEMENTO ARTICULAR E ESTIRAMENTOS MUSCULARES. 
Pois ben, esta actividade consiste niso: tedes que enviar un vídeo no que amosedes cómo podemos facer estas dúas rutinas (quentar as diferentes articulacións  e estirar algúns dos músculos máis importantes). Fixémolo un montón de veces nas clases! Seguro que o lembrades. Pero por si tedes que refrescar a memoria, aquí vos deixamos un enlace onde o explican e o fan a mar de ben. Veñen ademáis algunhas explicacións bastante interesantes para os máis maiores. E a parte final é para os máis atrevidos e flexibles!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario