Chicos e chicas, deixámosvos aquí a última publicación, de momento, neste blog. A partires da semana que vén, comunicarémonos con vós a través da Aula Virtual. Non deixedes, de todos os xeitos, de acudir ao blog para consultar as diferentes entradas, que sabedes que sempre podedes usar para intentar facer os vídeos coas diferentes actividades. Estaremos encantadas, a profe Paula e a profe Montse, de recibilas.
Pois a modo de despedida, momentánea, deixámosvos dous enlaces. Os dous son sobre o reto "Oh na na na...". Un vos amosa en qué consiste o reto, e o outro vos ensina, paso a paso, a facelo. É difícil! Realmente difícil. A ver si alguén o consigue!!! O máis divertido de todo é que hai que facelo en parella. Así que xa sabedes. Teredes que convencer aos vosos pais, nais, irmáns.....e conseguilo xuntos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario