viernes, 2 de diciembre de 2022

VISITA DE DISCAMINO

 Como colofón á celebración da Semana da Discapacidade no Laxeiro, hoxe venres tivemos a ilustre visita de  Javier Pitillas e os seus compañeiros de aventuras. Aprendimos un montón de cousas e entendimos por qué precisan da nosa axuda. Tamén aprendimos que querer é poder, e que nada nos pode parar se realmente desexamos algo. Asistiron á charla os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de E. Primaria.


                                            










miércoles, 30 de noviembre de 2022

SEMANA DA DISCAPACIDADE

 O vindeiro 3 de decembro conmemórase o Día Internacional da Discapacidade. Como no Laxeiro somos a mar de empáticos, esta semana falaremos e darémoslles visibilidade ao noso alumnado sobre este colectivo que precisa de tanta comprensión e axuda.

Durante a semana faremos diferentes actividades adaptadas ás diferentes discapacidades. e o venres, como guinda final, recibiremos a visita da asociación DISCAMINO, sempre ben recibida ao noso ximnasio. 

Aquí vos deixamos algunhas fotos do que andivemos a facer en E. Física.





miércoles, 23 de noviembre de 2022

XogaPetanca

Nova actividade no Laxeiro!!! Esta vez, para os nenos e nenas de 3° de Primaria.
Ao longo desde mes que nos queda de clase, antes das merecidas vacacións de Nadal, aprenderemos os fundamentos básicos da Petanca. Dous expertos na materia darannos unhas sesións prácticas, gracias á nosa participación no programa Xogade. 


viernes, 18 de noviembre de 2022

BALONMÁN

 Da mano do Seis do Nadal e da Casa do Deporte, os nenos e nenas de 4° de E. Primaria recibiremos neste mes de novembro 4 sesións de toma de contacto co mundo do balonmán, para posteriormente acudir a unha xornada de competición con outros coles da cidade.



jueves, 27 de octubre de 2022

ATLETISMO NA ESCOLA

Neste primeiro trimestre, os nenos e nenas de 3° de E. Primaria participan nunha xornada de atletismo gracias ao programa XOGADE. O primeiro turno é para os nenos e nenas de 3° A. O vindeiro 8 de novembro tocaralles descubrir este programa ao alumnado do grupo B.







lunes, 20 de junio de 2022

GOLF NA ESCOLA

O alumnado de 5° de Primaria acudiu ao Aeroclube para asistir a unhas xornadas onde nos ensinaron as instalacións dun campo de golf de verdade. Foi chulísimo. Descubrimos que alí nace o Lagares, vimos despegar avións, e o máis importante, ensináronnos e practicamos diferentes tipos de golpeos. Unha experiencia inesquecible para todos e todas. Aquí vos deixamos un vídeo de todo o que fixemos. 



domingo, 19 de junio de 2022

A MARATÓN SE LEVA A CABO!!

 A pesares da choiva de hoxe domingo 19, a MARATÓN DE COIA levarase a cabo igualmente. Porque... NON CORRER É DE COBARDES!!!! 😊🏃🏻‍♂️🏃‍♀️