Ola chicos e chicas!! Estamos todos e todas ben?? Listos para a volta ó traballo? Seguro que sí!
Ben, comenzamos un novo trimestre. O máis orixinal de todos, va que si?!
Nesta semana continuaremos a traballar a través do blog, pero en canto a Aula Virtual estea operativa, comenzaremos a comunicarnos a traverso dela.
A dinámica de traballo será a seguinte:
+ De xeito gradual iremos colgando diferentes actividades. Serán propostas máis ou menos sinxelas (un pouco de dificultade tamén mola, a que si?). Vos teredes que adquirir o compromiso de entrar a diario no blog de E. Física (na Aula Virtual a partir da semana que vén),e teredes a misión de escoller, cando menos, unha das actividades.Tamén podedes escoller todas! Ben, pois quincenalmente teredes a obriga de enviarnos alomenos un video, no que poidamos comprobar que, cando menos, realizástedes unha das prácticas propostas. Está claro? Enviaredes os videos ao email educacionfisica1.laxeiro@gmail.com.
+¿Qué traballaremos neste trimestre? Serán actividades, na medida do que poidamos, o máis divertidas posibles, nas que traballaremos as diferentes habilidades e capacidades físicas básicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario