lunes, 2 de noviembre de 2020

Surf Big Waves

 Sabedes que o surf é unha actividade que nunca falla no noso cole. Todos os anos visítannos os rapaces de Prado Surf Escola para acercarnos a este fermoso deporte. Hai nenos e nenas de Primaria que o practican de xeito asiduo, e máis nestes tempos de distanciamento que corren. Pois ben, deixámosvos aquí unha entrada para que disfrutedes da marabilla deste deporte e das marabillas tamén que nos deixa a natureza. A semana pasada tivemos na costa Atlántica os coletazos do huracán Épsilon, que deixou na costa portuguesa, Nazaré para ser máis exactos, imaxes coma esta. Olas de máis de 25 m de altura e surfistas capaces de surfealas!!! Premede no link e disfrutade !!


https://as.com/deportes_accion/2020/11/01/surf/1604226794_496723.html




No hay comentarios:

Publicar un comentario