viernes, 19 de junio de 2020

VACACIÓNS!

FELIZ VERÁN A TODOS E A TODAS!!!!!!!!
Lembrade mover ese corpiño cada día un pouquiño! Con sentidiñooooo!!!
Xa sabedes, coma vos dixen na Aula Virtual, que hai infinidade de cousas para facer: andar en bici, en patinete, subir polas árbores, bailar no salón, xogar ás películas facendo mímica, escapar ao pilla pilla dos amigos, caerse e levantarse! Nadar moito moito, bucear, tirarse a rebolos pola area...Ata facer senderismo!!! Non me digades que non vos mandamos uns deberes molóns molóns!!! 
Queremos vervos máis altos e máis fortes en setembro!!! Seguiremos a colgar entradas aquí, no blog, con novas ideas para facer, esta vez xa non só na casa. Algunha noticia divertida e interesante tamén trataremos de colgar.
DISFRUTADE MOITOOOOOO!!! VÉMONOS EN SETEMBRO!! CON MÁIS GAÑAS QUE NUNCA!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario