jueves, 19 de diciembre de 2019

domingo, 15 de diciembre de 2019

DATCHBALL

Os nenos e nenas de Cuarto e Quinto estivemos a xogar ao Datchball, e pasámolo así de ben!! Premede aquí

jueves, 5 de diciembre de 2019

SALTAMOS O POLDRO

Os nenos e nenas de 6º curso estiveron a saltar ao poldro. Encantoulles!!! E pasárono así de ben. Aquí tedes unhas fotiños e un pequeno VIDEO







martes, 26 de noviembre de 2019

COLPBOL E DATCHBALL

Estes días andamos a enredar co COLPBOL e co DATCHBALL, deportes alternativos superdivertidos e dinámicos. Pouco a pouco imos aprendendo e integrando as diferentes normas destes xogos. Aquí vos deixamos algúns enlaces de interese para que indaguedes un pouquiño máis sobre estas modalidades que nalgunhas comunidades xa adquiriron a categoría de deporte federado. Animádevos a practicalo e dálo a coñecer.



https://www.colpbol.es/es/que-es-el-colpbol.html

https://www.youtube.com/watch?v=4_wa4b8vjbI





https://www.datchball.com/que-es-el-datchball-/

https://www.youtube.com/watch?v=B7tB0o4ui1U

sábado, 23 de noviembre de 2019

Loita Olímpica

Aquí tedes o vídeo de tooooooodo o que estivemos a facer estes días coa Loita Olímpica. Agardamos que vos guste!!
Premede na imaxe 

jueves, 21 de noviembre de 2019

Xornadas Deporte Adaptado

Hoxe tivemos a sorte de poder participar nas Xornadas de Deporte Adaptado organizadas pola Asociación Enki. Fomos ao Pavillón das Travesas, e alí puidemos coñecer de primeira man e practicar algúns dos deportes adaptados. Pasámolo xenial! Premede na imaxe para ver o vídeo.
 

lunes, 18 de noviembre de 2019

LOITAS OLÍMPICAS

Estes dias estamos a ter a colaboración de Juan, entrenador de Loita Olímpica. Deixámosvos información sobre este deporte tan tan tan divertido, e ao final da semana colgaremos fotos de todo o ben que o pasamos practicando loita.


                                                                 


martes, 12 de noviembre de 2019

DEPORTE ADAPTADO

Hoxe recibimos a visita de Fundación Abrente, asociación Coruñesa sen ánimo de lucro que ten como obxectivo contribuír á integración das persoas con diversidade funcional, con especial atención dos menores, a traverso da práctica da cultura física e deportiva non competitiva. Os nenos e nenas de 5º e 6º estivemos superatentos a todo o que nos contaron sobre a grande oferta deportiva á que poden acceder aínda con esas diversidades funcionais.






jueves, 7 de noviembre de 2019

RUGBY

Nestes días tivemos a visita de Diego, entrenador no Vigo Rugby Kaleido. Ensinounos algunhas nocións básicas sobre este deporte tan divertido e noble. Se estades interesados en practicalo fóra da escola, as mestras de E. Física teñen toda a información. Animádevos a participar!!
Premede AQUÍ para ver o que fixemos nas diferentes sesións.




martes, 5 de noviembre de 2019

BENVIDOS E BENVIDAS AO BLOG DE EDUCACIÓN FÍSICA DO CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIRO. ÉSTE É UN ESPAZO ONDE PODEDES ENTRAR PARA VER O QUE ANDAMOS A ARGALLAR DURANTE AS SESIÓNS DE EDUCACIÓN FÍSICA EN PRIMARIA. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!