Como colofón á celebración da Semana da Discapacidade no Laxeiro, hoxe venres tivemos a ilustre visita de Javier Pitillas e os seus compañeiros de aventuras. Aprendimos un montón de cousas e entendimos por qué precisan da nosa axuda. Tamén aprendimos que querer é poder, e que nada nos pode parar se realmente desexamos algo. Asistiron á charla os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
LAXEIRANDO
BLOG DE E.FÍSICA SOBRE AS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO NO CEIP PLURILINGÜE PINTOR LAXEIRO.
viernes, 2 de diciembre de 2022
miércoles, 30 de noviembre de 2022
SEMANA DA DISCAPACIDADE
O vindeiro 3 de decembro conmemórase o Día Internacional da Discapacidade. Como no Laxeiro somos a mar de empáticos, esta semana falaremos e darémoslles visibilidade ao noso alumnado sobre este colectivo que precisa de tanta comprensión e axuda.
Durante a semana faremos diferentes actividades adaptadas ás diferentes discapacidades. e o venres, como guinda final, recibiremos a visita da asociación DISCAMINO, sempre ben recibida ao noso ximnasio.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do que andivemos a facer en E. Física.
miércoles, 23 de noviembre de 2022
viernes, 18 de noviembre de 2022
BALONMÁN
Da mano do Seis do Nadal e da Casa do Deporte, os nenos e nenas de 4° de E. Primaria recibiremos neste mes de novembro 4 sesións de toma de contacto co mundo do balonmán, para posteriormente acudir a unha xornada de competición con outros coles da cidade.
jueves, 27 de octubre de 2022
ATLETISMO NA ESCOLA
Neste primeiro trimestre, os nenos e nenas de 3° de E. Primaria participan nunha xornada de atletismo gracias ao programa XOGADE. O primeiro turno é para os nenos e nenas de 3° A. O vindeiro 8 de novembro tocaralles descubrir este programa ao alumnado do grupo B.
lunes, 20 de junio de 2022
GOLF NA ESCOLA
O alumnado de 5° de Primaria acudiu ao Aeroclube para asistir a unhas xornadas onde nos ensinaron as instalacións dun campo de golf de verdade. Foi chulísimo. Descubrimos que alí nace o Lagares, vimos despegar avións, e o máis importante, ensináronnos e practicamos diferentes tipos de golpeos. Unha experiencia inesquecible para todos e todas. Aquí vos deixamos un vídeo de todo o que fixemos.
domingo, 19 de junio de 2022
A MARATÓN SE LEVA A CABO!!
A pesares da choiva de hoxe domingo 19, a MARATÓN DE COIA levarase a cabo igualmente. Porque... NON CORRER É DE COBARDES!!!! 😊🏃🏻♂️🏃♀️